hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Casa rural A Rega

Alojamientos

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

a_rega_01 Poio está cheo de tesouros arquitectónicos. Hoxe presentamos a casa rural A Rega. Situada no alto dun outeiro, dende os cuartos pódese ver a pintoresca vila de Combarro e a ría de Pontevedra. Casa de construción tradicional en pedra con decoración peculiar, situada a poucos metros da praia, arrodeada de magníficas praias e a dez minutos da cidade de Pontevedra. Miguel o dono, convéncenos aínda un pouco máis para visitar este pequeno paraíso.

Preséntanos a túa casa rural.
A nosa casa e unha fogar típica galego da zona das Rías Baixas, situada na ría de Pontevedra, ribeira Norte, en pleno Monte Castrove, banda Sur a 60m. sobre o mar, goza dunhas vistas da Ría moi boas e  lindamos moi preto da praia de Chancelas (a 200m).

Os xardíns tamén son impresionantes, con obras de arte incluídas...
Ten 3000m. de terreo, en zona verde, especialmente protexida, tamén é zona residencial en plena natureza. O noso fogar éche  de  500m/2, posúe un hórreo da nosa zona, de preto de 100 anos, unha lagareta de 300 anos, un cruceiro de pedra feito por o mestre Delfin Domingos Abad entre outras obras. Ademais hai unha zona habilitada para levar as mascotas.

Son moi curiosos os vosos dormitorios, ¿de onde veñen os seus nomes?
Galeón, Dorna, Gamela, O Patache, Gamela, Lancha de Xávega e Barco Bateeiro son os nomes dos 7 cuartos. Cada un ten o nome dunha embarcación tradicional das nosas costas. Pareceunos unha idea que identifica a casa, xa que Combarro é unha vila moi mariñeira. Unha especie de homenaxe.

A casa está moi ben situada, ¿que actividades se poden facer nos arredores da casa?
Sobre todo as visitas ás vilas que máis preto están.Combarro vila mariñeira e moi pintoresca, Poio con seu convento de mercedarios, a illa de Tambo, as vistas desde o alto do monte Castrove da Ría e os solpores.. É unha zona referente en gastronomía típica (peixes,empanadas, mariscos e viños do país e Alvariños, etc). Podes elixir entre a vila enxebre de Combarro ou a cidade e o turismo de verán de Pontevedra e Sanxenxo. Por suposto tamén se poden practicar deportes de natureza como sendeirismo ou náuticos nas praias. Tampouco hai que perderse a Ruta dos Muíños de Samieira.

Para contactar coa casa rural A Rega, esta é a páxina web e os teléfonos: 639 135 027 - 986 771 242.

a_rega_02 a_rega_03 a_rega_04 a_rega_05 a_rega_06 a_rega_07 a_rega_08 a_rega_09 a_rega_10 a_rega_11 a_rega_12

Escribir un comentario