Actividades conmemorativas do ‘Día Internacional dos Dereitos dos Animais’ en Pontevedra, da Asociación Os Palleiros![]()
Os vindeiros venres e sábado, a Asociación de Acollida e Adopción de Cans Os Palleiros, en colaboración coa Concellería de Medio Ambente Natural, Ascel Galicia, Amigos da Terra, Ramalladas, Migallas, peluquería canina Ninos e o CEIP Campolongo, vai conmemorar o Día Internacional dos Dereitos dos Animais con dúas xornadas de concienciación e participación ciudadán na que invitamos a todos os veciños, e especialmente o sábado aos cativos, as seguintes actividades:
1. O venres entre as 19.30 horas e as 21.00 horas. Faladoiro-mesa redonda sobre os dereitos dos animais, como se reflicten na lei e sobre todo na vida diaria e na práctica cotiá. Falarán e contestarán as preguntas do público:
- Rubén Portas, da asociación Ascel Galicia, profesional forestal e experto nos lobos, que analizará precisamente a presenza deste animal en Galicia.
- Montse Valencia, responsable xurídica de Amigos da Terra, que falará sobre a situación lexislativa en torno a os animais en España e Galicia e o fenómeno dos cabalos abandonados na Comunidade Galega.
- Víctor Sariego, presidente de Os Palleiros, que falará sobre os vindeiros cambios na ley de protección animal e fará unha valoración sobre o servicio de recollida de cans en Pontevedra.
2. O sábado, entre as 11.30 horas e as 13.30 horas, no CEIP Campolongo, imos celebrar unha actividade festiva con:
- Unha pequena exhibición de adestramento canino por parte do representante de Ramalladas, experto en terapias e adestramento de cans.
- Un especial Contacontos de Iago Abeledo quen, mentres conta a historia vai facer unha figura animal en papel que logo ensinará aos cativos nun breve obradoiro de papiroflexia. Despois vai agasallalos con globos de todas formas e cores.
|
Venres 10 e sábado 11 de decembro Venres, 19.30 horas a 21.00 horas, 2ª planta de Caixa Galicia (praza San Xosé, 4): faladoiro cos voceiros de varias asociacións. Sábado de 11.00 horas a 13.30 horas no CEIP Campolongo (rúa Xeral Antero Rubín, 11): actividade lúdica para cativos. |



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















