Na xornada de copa, celebrada na piscina Riazor de A Coruña e na que se impuxo o Natación Portamiñá lucense, os representantes do Galaico-Sercoysa firmaron unha actuación notable, subindo ó podium dos tres primeiros clasificados en dúas probas de relevos e seis probas individuais.
O mais destacado correu a cargo de dúas nadadoras que conseguiron o primeiro posto: Arsú López en 50 libres e Carla Goyanes en 200 libres, batendo, ademais, as mellores marcas de idades do Club, colaborando decisivamente nas segundos postos dos equipos de relevos, xunto a Sofía Ferreiro, Henar Cons e Carlota Rivas.
![]()
En canto ó equipo masculino, hai que destacar o segundo posto do xovencísimo Manuel García en 50 libres, ademais dos terceiros postos conseguidos na mesma proba por Saúl Bouzas e Pedro Otero e por David Gómez en 100 metros estilos.
Aínda que non estiveron antre os tres primeiros, fixeron unhas excelentes marcas os nadadores Daniel Piñeiro en 200 libres e Alejandro Torres en 200 estilos, que permiten augurar un gran equipo de alevíns na vindeira tempada.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















