hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A Casa das Artes de Vigo acolle ata o domingo a exposición 'O tempo é un círculo', de Menchu Lamas

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

menchu Ata o vindeiro 10 de xullo a Casa das Artes de Vigo ofrece a oportunidade de coñecer a mostra de Menchu Lamas "O tempo é un círculo". Presenta obras de gran formato que abranguen dúas décadas da sua traxectoria, incluindo a década dos 90 e despois o periodo que vai do ano 2000 até agora.

A mostra recolle unha escolma das obras máis significativas no evoluir da artista nestas dúas etapas ben diferenciadas.

O denominador común, que agroma case a xeito de paradigma das obras dos anos 90, vai ser a importancia central asignada á xeometría. Trátase talvez do momento máis depurado do seu labor, nunha opción de síntese, coa presenza do círculo, triángulos, diagonais, bandas horizontais e liñas descontinuas que establecen singulares estruturas de tensión no cerne das súas composicións.

Escribir un comentario