O Pazo da Cultura acolle este xoves, 7 de xullo, a actuación da Orquestra Filharmónica “Cidade de Pontevedra” a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión a formación dirixida polo seu mestre Javier Viceiro-Filgueira, acompañará ao novo pianista vigués Gonzalo Álvarez, quen interpretará unha das pezas obrigadas no repertorio pianístico, o Concerto nº 1 en Si b maior op. 23 de P.I. Tchaikovsky.
Na segunda parte do recital, xunto co Coro Universitario de Vigo e a súa directora, a contralto Nuria Lorenzo, interpretarán obras dos compositores galegos Enrique Lens e Faustino R. Núñez, ademais de presentar tres pezas encomendadas pola Universidade ao compositor Carlos Cambeiro sobre textos do poeta berciano Antonio Fernández Morales, incluídos no seu libro “Ensayos poéticos en dialecto berciano” publicado en 1861.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















