hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A pontevedresa Iria Morgade presenta a súa novela "Verbas no ar", premiada co VII Premio Biblos-Pazos de Galicia

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

ghy O Ateneo de Pontevedra presenta a novela gañadora do VII Premio Biblos-Pazos de Galicia Verbas no ar, de Iria Morgade Valcárcel. No acto de presentación, que terá lugar este xoves 22 de decembro, ás 20 horas, no Salón de Actos do Pazo de Mugartegui, acompañan á autora, Xabier P. Docampo (escritor e titor do VII Premio Biblos-Pazos de Galicia) e Tucho Calvo (escritor e editor de Biblos). A organización do acto de presentación conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e de Biblos Clube de Lectores.

Sobre Verbas no ar

Verbas no ar resultou gañadora por unanimidade ao considerala o xurado unha obra «actual e oportuna que procura relacionar as revoltas nos países do norte de África coa actitude de descontento e protesta da xuventude protagonista dos movementos que estamos a contemplar no noso entorno».

Para o xurado, integrado por Xabier P. Docampo, Elena Veiga e Tucho Calvo, «a obra está escrita cunha vocación de estilo que acode a unha linguaxe directa, construída cunha disposición do texto baseada nas frases curtas e nos parágrafos de pouca extensión, que procuran máis a suxestión ca descrición. Seguindo un estilo case propio do panfleto, por agresivo, mesmo incendiario, Iria Morgade sabe o que fai disparando verbas ao ar».

Segundo o fallo, Verbas no ar «amosa o texto que as florituras non son necesarias para que nos desgarre, abríndonos os ollos ante un mundo en conflito a golpe de linguaxe tweet. E a autora sabe tamén que son tempos de combate, de manifestarse contra a inxustiza.

Biografía da autora

Iria Morgade Valcárcel naceu en 1988 en Pontevedra. Cursou os estudos primarios no Colexio CEIP Cabanas, e os secundarios no Instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Durante esta etapa  gañou o  1º premio Ben Veñas Maio de relato curto no ano 2004 e o 3º premio do concurso Entre nós en galego de relato curto no ano 2005.

Realizou o primeiro ciclo da Licenciatura de Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 2006-2009 e o segundo ciclo na Universidade Complutense de Madrid, coa súa finalización en xullo de 2011.

Gañou o VII Premio Biblos-Pazos de Galicia con Verbas no ar no ano 2011, e tivo como titor para rematar a novela a Xabier P. DoCampo.

Escribir un comentario