hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A vila de Tui acolle a exposición itinerante sobre a historia dos balnearios de Galicia

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

comedor_Caldelas_de_Tui_principiosXX A Asociación de Balnearios de Galicia inaugurou no Edificio Área Panorámica de Tui a exposición itinerante “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”, que permanecerá na localidade tudense ata o vindeiro 18 de setembro. Esta iniciativa conta co patrocinio da Xunta de Galicia e coa colaboración da AEITEGAL -Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia-, da Cámara Oficial Mineira de Galicia e da Universidade de Santiago.

Asi mesmo, acaba de editarse o libro homónimo da exposición, a primeira publicación que reúne a historia dos balnearios galegos. Ambas iniciativas teñen a súa orixe nun convenio asinado en 2007 entre a Cámara Mineira de Galicia e a Asociación de Balnearios. En virtude deste acordo, o equipo do profesor Luís Alonso realizou un estudo sobre a historia dos balnearios galegos, centrado no período 1700-1936, que adaptou para a súa publicación a editorial Galaxia.


A exposición consta de 12 paneis, ademais de cincuenta volumes seleccionados da biblioteca do codirector da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago, o doutor Luís Rodríguez Míguez, así como botellas, artigos de cosmética e distintas pezas (vasos, inhaladores…) procedentes algunhas da colección do doutor e outras cedidas por diversos balnearios da comunidade.

Escribir un comentario