hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A Xunta presenta en París o catálogo "Films from Galicia", que recolle a producción audiovisual galega prevista para 2012

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

cats

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, presentará o vindeiro luns, 12 de decembro, en París o catálogo Films from Galicia. A presentación desta publicación,  que recolle a produción galega dos anos 2010, 2011 e proxectos consolidados para realizar en 2012, farase no marco do Le festival d’un jour, unha actividade que promove a asociación Espagnolas en París, en colaboración o Instituto Cervantes, o Instituto de la Cinematografía y las Artes Visuales (ICAA) e a cadea Cine+.

 

O catálogo Films from Galicia está organizado en catro apartados como longametraxes de ficción, longametraxes de tipo documental, longametraxes de animación e produtos para TV. A publicación distribuirase nos mercados de referencia nos que participa o Consorcio Audiovisual de Galicia (EFM de Berlín, MIPTV de Cannes, Marché du Film de Cannes, MIPCOM de Cannes e Ventana Sur de Buenos Aires). Haberá unha versión dixitalizada na páxina web do Consorcio que se presentará en xaneiro do próximo ano.

A acción que se levará a cabo este luns en París pretende a difusión do catálogo entre distribuidores de cine franceses e prensa especializada do país. Durante o Le festival d’un jour tamén se proxectará a película Os Crebinsky, comedia galega rodada en Ortegal, Santiago e Portomarín, dirixida por Enrique Otero, protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, e con Luis Tosar, Patricia de Lorenzo, Celso Bugallo e Farruco Castromán no elenco.  Tras a proxección da película, a Banda Crebinsky,  responsable da música do filme, ofrecerá un concerto.

A presenza en París enmárcase dentro das actuacións destinadas a consolidar e reforzar a presenza exterior do produto audiovisual galego en foros e mercados no ámbito español e internacional. A través do Consorcio Audiovisual de Galicia, a Xunta pretende a participación do noso sector audiovisual, considerado como estratéxico, nos encontros internacionais máis representativos e con maior volume de negocio. Recentemente, no marco do mercado ‘Ventana Sur’ que se celebrou en Bos Aires, a Xunta de Galicia, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, anunciou unha nova convocatoria do Fondo de Coprodución cinematográfica coa Agência Nacional do Cinema do Brasil (ANCINE). O acordo, que será publicado por parte das dúas institucións no primeiro trimestre de 2012, contará cun orzamento de 320.000 euros.

Escribir un comentario