O Concello de Vigo anuncia, a través da Alcaldía, a posta en marcha de novos cursos en Vigosónico para o vindeiro mes de febreiro.Estas actividades docentes están dirixidas a mozos e mozas empadroados en Vigo de entre 13 e 35 anos de idade.Segundo subliña o Goberno local, terán prioridade para participar nestas actividades de tipo formativo as persoas que non fixeran ningún curso anteriormente. O prazo de inscrición é desde este luns día 16 ata o domingo 29 de xaneiro.
Así, os novos cursos programados para o vindeiro mes estarán centrados en materias como 'Iniciación Adobe Photoshop', Gravación de Vídeo, Follas de Cálculo, 'Iniciación Adobe Premiere', Fotografía Dixital e Iniciación Musical.
Vigosónico está situado moi preto do Parque Tecnológico e Loxístico de Vigo (PTL), na parroquia de Valadares da cidade olívica.
Escribir un comentario