Alabama Gospel Choir está formado por 30 artistas que conseguen plasmar a historia do Gospel nun percorrido único ás raíces desta música que combina a parte máis visceral coa esencia máis espiritual. Trátase dun exclusivo grupo vocal de Alabama que conta con figuras como Francine Murphy, nomeada aos premios Grammy, que leva cantando desde os 3 anos e publicou varios álbums que marcaron un fito.
![]()
O gospel conta cada vez máis adeptos e estase convertendo nunha música tan do Nadal como os valses de Strauss. A razón radica no sentimento e o fervor, pois se trata dunha música potente e expresiva, na que o importante é o canto. O Alabama Gospel Choir é un exclusivo grupo vocal de Alabama. Esta formación está ligada historicamente ao coro Aeolians, unha institución fundada en 1896 e pertencente á Black Seven-Day Adventist, que promove o desenvolvemento armonioso do corpo, a mente e o espírito.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















