hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Arranca o programa "Reconstruír decembro. Arteterapia para superar momentos chungos"

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
20111201061221_cartel-expo   A Concellaría de Benestar Social Municipal ven de iniciar un novidoso programa de actividades “Reconstruír decembro. Arteterapia para superar momentos chungos” que se prolongará durante todo o mes de decembro co obxectivo de amosar á sociedade pontevedresa os traballos que desenvolve o Taller de Deseño e Produción do Centro de Día do Plan de Condutas Aditivas.

Esta programación comezou este venres coa inauguración da exposición das obras realizadas polas persoas que integran este taller e que están saíndo de situacións extremas, como dalgunha adicción. Os traballos do Taller de Deseño e Producción exporase na Sala Sargadelos ata finais de mes.

Dentro de “Reconstruír decembro” está previsto un almorzo de traballo coas entidades Galup, Alcoólicos rehabilitados e Rexurdir o venres, 9 de decembro ás 10.00 horas a Galería Sargadelos.

O programa tamén inclúe un obradoiro vivencial de arteterapia “Arte e condutas adivitas” (formación especializada) que se desenvolverá os días 12, 14 e 15 de decembro de 10.00 a 13.30 horas. Para a súa participación será preciso unha inscrición previa. Existen 20 prazas e impartirase na Casa Azul.

O mércores, 21 de decembro a Casa das Campás acollerá unha mesa redonda I+D S.S. Relato dunha experiencia na que participarán Teresa Gutiérrez Manjón, pedagoga social e profesora da Facultade de Educación da Universidade de Vigo; Erundina Louro Justo, orientadora laboral no Servizo Público de Emprego; Ángeles Penedo Pita, traballadora social da UAD (Unidade de Asistencia de Drogodependencias) e Ana González Quinteiro, educadora social do Plan Municipal de Condutas Aditivas. Esta cita será ás 10.00 horas.

A programación de “Reconstruír decembro” clausurarase co peche da exposición dos traballos na Sala Sargadelos e a entrega das Lámpadas ás Asociacións de veciños da cidade para cada unha das Casas da Cultura do municipio. Será o xoves, 29 de decembro, ás 20.00 horas en Sargadelos.

Escribir un comentario