hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

As artes escénicas terán unha presenza destacada no Culturgal con máis de 20 novidosas propostas

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

VEN4-e1304340739605-1024x718 As artes escénicas terán unha presenza destacada na cuarta edición da Feira das Indutrias Culturais de Galicia, que terá lugar os días 2, 3 e 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Unha ducia de entidades do sector exporán as súas propostas na Feira e, ademais, Culturgal achegará durante toda a fin de semana ata Pontevedra máis de 20 novidosas propostas escénicas, variadas e para tódolos públicos, que se espallarán polos distintos espazos da feira. Fóra do recinto, as artes escénicas protagonizarán unha das noites de Culturgal. 

O sábado, o Teatro Principal acollerá Culturgal aEscena. A parella co humor máis auténtico, Os da Ría, conducirá o espectáculo; Davide Salvado achegará toda a súa forza na presentación do seu disco Árnica pura e tras del; P&G Circus animará a velada cun espectáculo circense e musical; Talía Teatro encherá o escenario coa representación da súa última obra Pelos na Lingua; Ke-percussion intentará que os asistentes se ergan das butacas a pura percusión; La Macana presentará o seu videoclip ao vivo e a compañía de teatro Chévere pechará a noite, como comezou,  có humor do seu sketch O modelo empresarial máis feble. A cita é ás 22h e as entradas poderán comprarse por 5 euros na Tenda Culturgal ou por 8 euros, a partir das 20h do propio sábado, no despacho de billetes do Teatro Principal. O acceso ao resto das actividades da feira é gratuíto.

Antes, xa o venres, no recinto feiral, haberá tempo para reflexionar sobre as novas tecnoloxías e os monicreques coa presentación de Galitoon Monicreques dixitais vs monicreques analóxicos e a exposición da Casa dos Monicreques, sobre a utilidade desta disciplina na pedagoxía. Ese mesmo día, o patio acollerá a compañía Traspediante e o seus espectáculo Baleadas, unha peza escénica que mestura teatro e danza. Seguiralle as proposta de teatro contemporáneo de Bichakadela, Soños, e a da comedia do fin do mundo de Gustavo Pernas, Snakizados. O venres tamén terán lugar as presentación da escola UNIMA e da asociación de educadores de artes escénicas, GATEA, destinadas principalmente aos profesionais do sector.

As artes escénicas terán un especial protagonismo no Cuarto dos Nenos. Alí terán lugar, o sábado, as actuacións de Matreska e a súa obra O guiso, na que os máis pequenos asistirán a unha paparota teatral e cos contos da Xanela do Maxín, cos que seguirán promovendo a cultura oral nos máis cativos. E o domingo, tamén no cuarto dos nenos, estarán as marionetas de Fantoches Baj coa súa Fábula Galénica e os contacontos de Caxoto e os de Baobab. Ese mesmo día, no patio, haberá tres pases de Mambo, un novo teatro sen artificios da tamén nova compañía Mambo Revolution. E, para rematar, no faiado, Elefante Elegante presentará a súa Calçada da Memoria, na que se invita tanto ao público como aos actores a ter os seus sentidos a flor de pel.

Máis información sobre Culturgal aEscena

Os da Ría. Un repertorio cheo de humor. Os da Ría Íntimos é un espectáculo humorístico no que Arturito e Fabián repasan grandes momentos da súa vida artística. Trátase dun concerto no que non queda xénero sen tocar, do reaggae á canción lixeira, do pop ao ská, do rock nʼroll ás habaneiras. Cada actuación é un espectáculo único xa que Os da Ría adaptan as súas ʻcantarelasʼ ao lugar ou evento no que están a actuar.

Davide Salvado. Música tradicional con carisma. Davide Salvado é un artista integral, capaz de encher o escenario coa sua carismática presencia. Recolle a tradición máis espida e póñenola na fronte, sen aderezos superfluos, pero cunha coidada e persoal interpretación, a partir do repertorio tradicional galego, portugués e castelan. Davide presenta un espectáculo no que a sua voz chega de matices e dramatismo, sutil e potente, brilla e convence, enche e chega. Davide acompáñase con percusións tradicionáis, como a pandeireta galega, o pandeiro cuadrado de Peñaparda ou o adufe portugués.

P&G Circus. Unha viaxe trepidante polo mundo do circo. Producioness P&G Circus é unha compañía de circo creada no ano 2010 a partir da unión de dous artistas cunha gran bagaxe no mundo do circo: Aitor Garuz e Alfonso Medina. Como personaxes dun cadro de Caravaggio Puncha e Goza serán os teus guías nun museo de risas e violencia. Maxia, circo e música son a paleta de cores que a pintora uso para dar vida a estes personaxes de cartoon. Nunha atmosfera do máis bartoniana, as imaxes explotarán na túa cara como unha bomba de reloxaría. Unha pequena degustación de quince trepidantes minutos do seu produto estrela, que te farán saltar do teu asento sen que che dea tempo a entender o que acaba de pasar ante os teus ollos.

Talía Teatro. Pelos na lingua. Despois do éxito de Bicos con lingua, Talía Teatro afronta un novo espectáculo dedicado á nosa lingua no que se invita a reflexionar sobre os usos e abusos que sofre a lingua galega. Unha comedia  destinada a todo o mundo: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo e aos que non queren. Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste espectáculo que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez baixo a dirección de Avelino González.

Ke-percussion. Percusión con obxectos singulares. Todo é percusión! é un espectáculo que nace 2010 en Vigo. Os seus catro integrantes dominan todo tipo de instrumentos de percusión, desde clásicos coma a marimba ou o vibráfono ata obxectos da vida cotiá como contedores, tubos, escobas, vasoira, caldeiros, escadas... todo o necesario para facer unha festa. O repertorio é amplo e mesturamos diferentes estilos musicais como jazz, latin, rock, house ou tecno.

La Macana. Un videoclip ao vivo. La Macana é unha compañía residente en Galicia, formada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. O seu primeiro traballo, Ven, que presentarán en Culturgal, foi premiado en diferentes ocasións e gozou dunha gran acollida nos circuítos internacionais, presentándose nunha vintena de países. Manteñen colaboracións con diferentes artistas e compaxinan o seu labor creativo coa pedagóxica, sendo profesores convidados en diferentes centros internacionais.

Chévere: O modelo empresarial máis feble. Sketch cómico sobre as distintas modalidades empresariais, planeado como unha competición para saber cal é a mellor fórmula en función das súas fortalezas e debilidades.

Información completa de todas as actividades

Na nosa web

No dossier

No folleto

Máis información sobre Culturgal

A Feira das Industrias Culturais está organizada pola Asociación Culturgal, unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). Culturgal 2011 conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), do Concello de Pontevedra, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Ministerio de Cultura do Goberno de España.

Contacta con nós:

Correo-e: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Web: www.culturgal.com

Flickr: http://www.flickr.com/photos/culturgal

Facebook: http://www.facebook.com/cultur.gal

Twitter: http://twitter.com/culturgal

Vimeo: http://vimeo.com/culturgal

Fotografía principal: La Macana, que estará presente en Culturgal

Escribir un comentario