hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Cine infantil no Museo Verbum de Vigo, todos os domingos do mes de novembro

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller de Vigo organizan durante o este mes no Verbum un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. A última das proxeccións terań lugar o domingo 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.

Así, este domigno proxectarase 'Lilo & Stitch", película que conta o encontro dunha nena cun extraterrestre dos máis buscados da galaxia. Lilo é unha nena hawaiana que se sente soa e decide adoptar un "can" moi feo ao que chama Stitch. Stitch sería a mascota perfecta se non fose na realidade un experimento xenético que escapou dun planeta alieníxena e que aterrou no planeta por casualidade. Co seu amor e a súa inquebrantable fe no "oha-na" (o concepto hawaiano de familia), Lilo acaba conquistando o corazón de Stitch e ofrécelle algo que o orixinal "can" nunca pensou ter : un fogar.

Escribir un comentario