Nas súas actuacións duns 65 minutos, conflúen as lendas, fábulas, poemas e contos populares cos ritmos propios das súas culturas. Presentan unha proposta axeitada para todos os públicos, de forma que as ensinanzas das súas historias son adaptables a calquera tipo de persoa. Ademais, mostrarán ao público o funcionamento e son dalgúns dos instrumentos propios dos seus países de orixe, pezas descoñecidas no noso país.
Neste acto no que colabora a Fundación Cuña-Casasbellas, as entradas están á venda no despacho de billetes do Teatro Principal desde 1 hora antes do comezo da actividade, ó prezo de 5 euros.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















