A programación de cultura e ecoloxía urbana “A cidade é túa! Enerxía verde” quedou clausurada cunha visita do alcalde de Pontevedra á horta urbana, habilitada pola Concellaría de Medio Ambiente Urbano no Miradoiro de Monte Porreiro. A horta urbana foi un proxecto incluído nesta programación que prentende dar a coñecer o mundo do agro, valorizar o rural e conservar o entorno natural.
A horta urbana recibiu a visita dos nenos de Educación Infantil do centro Fina Casalderrei, de 3 a 4 anos. Ata o día de hoxe traballaron na horta arredor de 500 rapaces do Valle-Inclán, Marcos da Portela, Luís Seoane e Fina Casalderrei. Durante estes días plantaron tomates, coles, pementos, pepinos, fresas, leitugas… A Concellaría de Medio Ambiente Urbano aproveitou un espazo próximo ao minicampo de golf do Mirador de Monte Porreiro para pór en marcha esta actividade.
Os nenos recibiron unha breve explicación sobre os fundamentos da agricultura ecolóxica: rotacións, asociacións, manexo de acolchados, técnicas de prevención e control de pragas. Tamén abordarán a fertilización e compostaxe; prepararán o terreo e, a continuación, farán a plantación. Ademais, os rapaces recibiron un folleto informativo sobre as técnicas da agricultura ecolóxica, os coidados básicos dos cultivos, actividades complementarias… E un CD para os docentes.
Nunha sociedade cada vez máis urbanizada, a Concellaría de Medio Ambiente Urbano pretende con esta actividade empurrar aos rapaces a coñecer o mundo do agro, valorizando o rural e a conservación do entorno natural. De feito, entre os obxectivos destas hortas urbanas están promover a educación ambiental no ensino, promover o coñecemento do medio, máis especificamente o rural; achegar as problemáticas ambientais do medio rural; fomentar a adquisición dunha serie de valores que motiven a sentir interese e preocupación polo medio ambiente; capacitar ao alumno para que poida intervir na busca de solucións aos problemas ambientais; e proporcionar a posibilidade



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















