hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Culturgal reforza a súa programación infantil cun Cuarto dos Nenos repleto de actividades

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

Mural_Laura_Goldar No fogar da cultura galega que é Culturgal os máis pequenos da casa teñen un cuarto propio. Un espazo vistoso e alegre, cun recuncho para a lectura, unha área de traballo na que poñer a proba a súa creatividade e un escenario polo que pasarán propostas de todas as disciplinas sen deixar un momento para o aburrimento. A programación do Cuarto dos nenos elaborouse en colaboración coa comunidade educativa local, que participa, ademais, dende o martes coa elaboración dun gran mural colectivo que se poderá ver a partir do venres no Pazo da Cultura de Pontevedra. Todas as actividades infantís de Culturgal son de balde e esténdense ao longo de toda a fin de semana. 

Aínda que os días grandes son o 2, 3 e 4 de decembro, Culturgal comezou xa a quentar o ambiente con varias actividades. Catro colexios e institutos da zona colaboran dende o martes na elaboración dun gran mural, co apoio do grafiteiro Isaac Sucasas. Trátase, en realidade, dunha peza conxunta formada por doce murais diferentes, tres por cada centro, que deseñaron e pintaron os propios rapaces baixo a supervisión de Sucasas. O venres pola mañá, o alumnado do CEIP San Martiño, de Pontevedra, será o encargado de pechar o gran mural colaborativo realizado conxuntamente por preto de 150 nenos e nenas.

Os centros da cidade participan tamén nos roteiros literarios que dúas escritoras pontevedresas, Elvira Riveiro e Fina Casalderrey, realizarán mañá xoves e o venres 2 pola mañá, respectivamente. Nestes roteiros percorrerán puntos clave da cidade, relacionándoos coas súas novelas, A cidade escrita e A filla das ondas, e facendo máis vivenciais as súas historias en compañía de mozos e mozas dos colexios e institutos.

Xa na Feira, máis de 130 nenos e nenas dos centros educativos da comarca participarán nas actividades programadas para o venres pola mañá: o obradoiro Regueifando entre nós, que aprenderá a un grupo de mozos e mozas a comprender e practicar a improvisación oral rimada, axudándolles a ver o moito que se aproxima a propostas tan próximas a eles como hip-hop, e a obra de teatro Historia dunha semente, unha fábula ideada por Caramuxo Teatro a partir da súa experiencia no eido educativo, para axudar aos máis pequenos a reflexionar sobre a natureza e os cambios que se producen nela.

A partir das 16h30 do venres 2, o cuarto dos nenos abre as súas portas a todas as familias que queiran achegarse a gozar dunha programación infantil ininterrompida ata o domingo pola tarde. Contacontos, representacións teatrais, lecturas dramatizadas, monicreques, música, un rol en vivo, un obradoiro de cociña para que os máis pequenos da casa metan as mans na masa e un obradoiro de música e medio mariño no que os mozos se achegarán ao mar e a todo o seu imaxinario desde unha perspectiva psicoacústica: caracolas, buciñas, cazús, zumbidores, soallas, anzás, caxixis, raspadores e tambores oceánicos... todo o ritmo do mar nas mans dos nenos que pasen o domingo pola tarde polo Culturgal. Ademais, un dos pratos fortes da feira, Mamá Cabra presentará o seu novo traballo, Xa me tardan eses magos, o domingo pola mañá no Auditorio do Pazo.

 

Programa educativo de Culturgal 2011

 

Venres 2

11h00            Arte urbana, viaxe de ida e volta das nosas escolas aos nosos muros. Obradoiro con Isaac Sucasas e exposición permanente (de 10 a 14 anos)

11h00            Caramuxo Teatro: Historia dunha semente (a partir de 3 anos)

12h30            Asociación ORAL: Regueifando entre nós. Obradoiro (a partir de 12 anos)

16h30            Xan Eguía: A lenda de Cuaima e Mohan (a partir de 12 anos)

18h00            Mortos de ningures, de Pereledi e Andrés Meixide. Rol en vivo (a partir de 8 anos)

19h00            Patas de peixe. Contacontos (a partir de 3 anos)

19h30            A caza do ghazafello. Un libro musical (todos os públicos)

 

Sábado 3

11h30            Obradoiro de maquillaxe corporal. Paspallás (todos os públicos)

11h30            Obradoiro de cociña infantil. Ouvirmos  (de 6 a 10 anos)

13h00            María Solar e Xosé Tomás: Vou ter un irmán (de 3 a 7 anos)

17h30            Matreska: O guiso (todos os públicos)

18h00            Patas de peixe. Contacontos (a partir de 3 anos)

18h30            Anxo Fariña: Megatoxos e A chave da Atlántida. (a partir de 11 anos)

20h00            A xanela do Maxín: Contos desde a xanela. (de 3 a 9 anos)

 

Domingo 4

11h30            Galeoke II. O xogo que convirte o teu salón nun palco de orquestra. (todos os públicos)

12h00            Mamá Cabra: Xa me tardan eses magos. No Auditorio do Pazo  (todos os públicos)

13h30            Fantoches Baj: Fábula galénica. Os monicreques ecologistas (todos os públicos)

16h30            Contacontos con Caxoto. As mellores historias populares  (todos os públicos)

17h00            Obradoiro Un mar de sons. Aula Folque Infantil  (de 6 a 12 anos)

18h30            Fran Alonso e Xurxo Souto: O meu gato é poeta (todos os públicos)

19h00            Contacontos con Baobab (a partir de 3 anos)

 

E nos stands de cada entidade, moitas máis actividades. Podes consultalas na nosa web: http://culturgal.com/mapa_feira.php

O programa completo da feira, en pdf: http://culturgal.com/docs/Culturgal2011_Folleto_Feira.pdf

O programa na web:

http://culturgal.com/programa_feira.php

Contacta con nós:

Correo-e: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Web: www.culturgal.com

Flickr: http://www.flickr.com/photos/culturgal

Facebook: http://www.facebook.com/cultur.gal

Twitter: http://twitter.com/culturgal

Vimeo: http://vimeo.com/culturgal

Escribir un comentario