hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Danza, poesía, vídeo e música, este mércores na azotea do Museo Verbum de Vigo

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

vvbum O mércores 10 de agosto haberá unha nova sesión do ciclo Mércores no Solpor na azotea do museo Verbum de Vigo dedicado á danza, poesía, vídeo e música. A actuación será ás 20.30 horas con entrada gratuíta ata completar aforamento( 220 persoas).

Un ano máis a azotea do Museo Verbum celebrará os seus Mércores no solpor. Esta 6ª edición volta a ser un punto de encontro para artistas de distintas disciplinas (música, poesía, danza, cabaré etc) onde experimentar e crear actuacións irrepetibles onde a palabra se deixa arroupar pola música, a música nutrir pola palabra, a palabra influír pola danza, a danza inspirar pola palabra a palabra como motor desta busca de diálogos e interaccións entre artistas ,onde a complicidade do público asistente e a beleza dos solpores na azotea converten o ciclo nunha oferta diferente e sen dúbida de extraordinario atractivo para a cidadanía.

Escribir un comentario