hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Exposición da Coral Polifónica de O Porriño

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

coral_porrino O Concello do Porriño inaugurou a exposición Historia da Coral Polifónica do CRC, dentro dos actos programados no 50 aniversario da fundación da Coral....

Baixo o título de A Coral, 50 aniversario da súa fundación, o concello porriñés en colaboración co Círculo Recreativo Cultural programa unha serie de actos conmemorativos co fin de lembrar e recoñecer o labor da Coral Polifónica do CRC e do seu director, o músico e compositor Antonio I. Paz Valverde; unha das figuras máis relevantes na traxectoria histórico-musical deste municipio pontevedrés e da historia do canto coral en Galcia.

O Arquivo da Imaxe súmase a esta celebración coa preparación dunha mostra retrospectiva titulada A Historia da Coral Polifónica do CRC que se inaugurará mañá venres 27 de novembro ás 20 h, e que permanecerá até o 29 de decembro no salón de actos do Círculo Recreativo Cultural.

A exposición está composta por unha serie de paneis onde se narran os momentos máis significativos da historia da agrupación coral do Porriño a través de textos, imaxes fotográficas, documentación hemerográfica, programas de actuacións, correspondencia, partituras e outro tipo de documentos. A mostra complementarase coa presencia de obxectos e documentos orixinais, e proxectarase un audiovisual con imaxes históricas da Coral.

Os textos da exposición foron elaborados por Xosé Ramón Paz Antón, coñecido estudoso da traxectoria musical do noso municipio, que ven de publicar o libro Bandas, Músicos e Orquestras do Porriño. As imaxes e demais documentación son froito da recollida levada a cabo polo Arquivo da Imaxe, na que participaron moitas persoas vencelladas coa polifónica aportando fotos e outros documentos que conservaban nas súas casas.

Ademais o Arquivo levou a cabo nos últimos meses un traballo de dixitalización e catalogación da obra do compositor Antonio Paz Valverde, a partir das partituras que o propio autor proporcionou ao AMI. Un traballo que podería ser editado nun futuro próximo co fin de dar unha maior difusión á obra tan demandada do compositor porriñés

 

 

Escribir un comentario