"EnreDos" é o título da nova exposición que se pode visitar na Casa da Xuventude de Vigo do 23 de xaneiro ata o 10 de febreiro. A autora da mostra é Teresa Fidalgo Suárez que emprega a técnica de pintura e debuxo carboncillo.
Esta mostra consta dunha selección de obras que non seguen un estilo concreto, pero onde se poden atopar diferentes experiencias coa paleta e a cor.
Na presente exposición, Teresa Fidalgo pretende achegar e compartir coas persoas visitantes as sensacións que amosa cando está fronte a un lenzo, cos pinceis na man e deixando fluír o que sente, manchas opacas, transparencias, cores escuras e claras, así coma os opostos e as contrastes de luz e de cor.
Escribir un comentario