A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle a exposición itinerante 'No niño novo do vento', enmarcada nas actividades que se programan baixo 'Cien años con Álvaro Cunqueiro 1911-2011' co que se conmemora o centenario do nacemento do escritor galego.
'No niño novo do vento', que estará aberta ao público ata o 29 de xaneiro, estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueirano a través de elementos tan íntimos como a reprodución do seu escritorio de traballo, a narración biográfica no seu contexto histórico e vital ou a exhibición de materiais de grande valor tanto emocional como patrimonial.
Un espazo audiovisual reproduce en vídeo distintos documentais, entrevistas e gravacións das súas obras teatrais; e dous computadores con pantallas interactivas permiten a consulta de datos, fotos e bibliografía.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















