Mañá sábado a Asociación Folclórica “Os Alegres” celebra os seus 70 anos cun festival no Teatro Principal ás 20:00 horas........
Nel participarán os grupos “Os Chichisos”, “Os do luns”, “Os alegres”, “Os murgueiros da Xistra”, “Os terribles de Arousa”,”Picuiña”, e “Val da maia”.
Dende que o famosos gaiteiro de Mourente, Alejo Aboal fundara no ano 1939 “Os Alegres”, esta asociación no se cansou de espallar o folclore galego por todas as vilas de Galicia e de España. Con este festival celebran os seus 70 anos de historia, que os converte nun dos grupos máis lonxevos de toda Galicia.
Non hai que esquecer que Vaipolorio volve organizar unha saída ás 10:00 horas deste sábado para a limpeza e restauración do Muíño do Toxal. O punto de encontro será a esa no hora no muíño e recoméndase levar roupa de traballo e legóns, restrelos ou pas.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook

















