Con motivo do VII Brumario Poético 2011, que organiza a Fundación Cuña-Casasbellas do 4 de novembro ao 2 de decembro, este martes 22 de novembro terá lugar ás 20,15 horas no Teatro Principal de Pontevedra unha homenaxe ó poeta pontevedrés Jorge Cuña Casasbellas
(1945, Vigo – 2004, Pontevedra). Haberá proxeción das composicións audiovisuais en video: “Hipofanías” de Duplo Motiongraphics e “Pulsacións oceánicas” de Jorge J. Candán, inspiradas na poesía de Jorge Cuña. Recitación: Miguel Ángel Cuña.
Jorge Cuña Casasbellas (1945, Vigo – 2004, Pontevedra) - A singularidade poética de Jorge Cuña Casasbellas (Vigo, 1945 - Pontevedra, 2004) representa unha das voces máis intensas da poesía española do último terzo do século XX, por máis que construída ó marxe de calquera grupo poético oficial, institucional ou da industria cultural, aínda que nunca illada nin allea a outras experiencias poéticas do seu tempo. É autor de catro libros de poesía: Serpigo (1972), Moloch (1977), Mantis (1988) e Hipofanías (2001).
Jorge J. Candán (Pontevedra), fotógrafo, especialista en fotografía submarina. Galardoado en máis de 40 concursos de fotografía, entre outros: Campeonato mundial de video submarino (Japón, 2010); Campeonato de España de video submarino en 2009 e 2010; Otros campeonatos de España: 1º premio de Fotografía Macro (2000), 1º premio de Fotografía Creativa (1999), 1º premio de Fotografía Fauna (1998), Campión de España por equipos (1993, 1997, 1998, 1999 y 2000), terceiro clasificado individual (1993, 1998 y 2000); Subcampión do “Open Internacional Isla de el Hierro” (2001); Actual campión galego de fotografía submarina e Campionato galego de fotografía submarina (1997, 1999 y 2001) … Premios obtidos con producción documental: “Premio Descartes de Comunicación científica" da Unión Europea, 2005 - mención de honor; “Festival Mondial de l'Image Sous Marine ” de Antibes (Francia), 2004; Premio “Institut Oceanographique Paul Ricard”, de Marsella (Francia); Premio á “Mejor Realización” en el “Medes Imatge i Medi Ambient” de Girona, 2004; “Prisma de Divulgación Científica”, da Casa de las Ciencias en A Coruña, 2004; “Semana Internacional de la Imagen Submarina del Atlántico” (Sisa de plata), de La Palma, en Islas Canarias, 2004.
Duplo Motiongraphics es un estudio de diseño, radicado en Vigo, especializado en producción audiovisual, dirigido por Alexandre Santorio y Marcos Mosquera. “Hipofanías” es un corto audiovisual (6 minutos), inspirado en la obra del poeta Jorge Cuña. La metáfora visual que se utiliza es la de un ciclo marcado por una espiral en la que todo se crea y destruye y tres elementos en conflicto: laberinto, natura y urbe.
Escribir un comentario