hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

I Concurso de debuxo e pintura ao aire libre no Concello de Tomiño

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

A Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro en colaboración coa Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, organiza hoxe o primeiro Concurso de Debuxo e Pintura ao Aire Libre.

Os participantes concentraranse fronte á Casa do Concello ás 09.30 horas para distribuírse logo polas zonas máis pintorescas do municipio.

As obras creadas durante o concurso serán expostas no Salón de Plenos do Concello ata o día 25 de agosto, prevíndose premios para as dúas mellores composicións.

Os pintores farán un receso ao mediodía para tomar un refrixerio, estando prevista a finalización do certame ás 17.00 horas.

 

Escribir un comentario