hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

¡Este venres comeza Culturgal 2011!

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

376396_311772225508250_224773427541464_1235070_214247124_n Este venres 2 de decembro da comezo a Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011, onde haberá unha programación diversa e moi interesante nos distintos cuarto: Cuarto dos Nenos, Salón, Patio e Garaxe, todo elo no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ademais dunha noite chea de arte no casco vello da cidade.

Culturgal aposta na súa cuarta edición por amosar proxectos nos que a cultura e as novas tecnoloxías camiñan da man. Dende innovadoras experiencias na distribución dixital de produtos culturais ata a aplicación aos distintos eidos da cultura de fórmulas de financiamento propias dos proxectos tecnolóxicos, pasando polo deseño e construción conxunta de contidos pensados para o mundo dixital, os camiños de ida e volta que se establecen hoxendía entre a tecnoloxía e a cultura son múltiples e ben estimulantes. Na Feira das Industrias Culturais que se celebrará os días 2, 3 e 4 de decembro en Pontevedra coñeceremos unha selección dos máis recentes e atractivos.

-Programación venres 2 de decembro (dentro da Feira):
12h30 Vai. A nova aposta de tres excompoñentes de
Fía na Roca. No Patio
13h00 Kukas Producións: A Casa dos Monicreques
e Campaña de prevención da Obesidade Infantil. No Salón
13h00 Own the way. Demostración tecnolóxica.
No Garaxe
13h30 Traspediante: Baleadas. Danza, teatro e
audiovisual. No Patio
13h30 iBeaken. Demostración tecnolóxica. No
Garaxe
14h00 Orama. Demostración tecnolóxica. No Garaxe
14h00 Galitoon: Monicreque analóxico vs.
monicreque dixital. No Salón
16h30 Presentación de GATEA. Compañías e
educadores que traballan para o público infantil,
xuvenil e familiar en Galicia. No Salón
16h30 Bichakadela: Soños. Teatro contemporáneo.
No Patio
17h00 2020 European Art Tour. Proxecto de
divulgación artística. No Salón
17h00 Mario Iglesias presenta o seu proxecto
Rosario. No Garaxe
17h30 Presentación da Escola Permanente
UNIMA Galicia. No Salón
17h30 M. Carballo Trío: You knew it. Paseo polos
territorios sureños do blues e do rock. No Patio
18h00 Ignacio Vilar: Vilamor. Un filme cen por
cento galego. No Garaxe
18h00 Ancora Producións: Snakizados, lectura
dramatizada. A comedia do fin do mundo. No Salón
18h30 Pentalfa. Música espontánea. No Patio
19h00 VTelevisión. Presentación da programación
da canle. No Garaxe
19h00 Conversa de Ana Romaní con Antonio
Piñeiro. No Salón
19h30 Conversa de Ana Romaní co Colectivo
Polaqia (Brais Rodríguez e Sergio Covelo)
No Salón
20h00 Conversa entre Ana Romaní e Xulia Alonso.
No Salón

20h30 Das Kapital. Poesía e vangarda, expresión
máxima dos adentros. No Patio

21h Federico Cocho: Guerra civil. O que pasou
en Galicia e en España. No Salón

-Programación do venres 2 de decembro (fora da feira, nas "As Noites de Culturgal"):

21h00-1h30 MAPEA Culturgal.
Nos lugares singulares de
Pontevedra
21h00 Cuarteto Caramuxo: Tiruriru.
Reinterpretando a música tradicional
galega. Na Praza da Verdura
21h30 Malvela: Raianas. Música
tradicional fresca e apaixonada. No
Edificio Sexto do Museo de Pontevedra
22h00 Gonzalo Vázquez. Moda, arte
en movemento. No CITA (prazas limitadas)
22h30 Mercedes Peón. A muller máis
carismática da música tradicional galega.
23h00 Cuarteto Caramuxo.
Reinterpretando a música tradicional
galega. Nos arredores da Praza de Abastos
23h15 Mago Teto. Maxia de cerca. Na
Casa da Luz (prazas limitadas)
23h30 Poetas da Hostia. Vendo a miña
alma, poxa de poeta. No Pequeno Karma.
0h00 Projecto Trepja. Folk sen
complexos. No CITA (prazas limitadas)
0h30 Niño y Pistola as Arthur & The
Writers. Pop británico con toques
americanos directo dende o Val Miñor.
Na Sala Karma

Todo o programa

O programa completo da feira, en pdf: http://culturgal.com/docs/Culturgal2011_Folleto_Feira.pdf

O programa na web:

http://culturgal.com/programa_feira.php

Contacta con nós:

Correo-e: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Web: www.culturgal.com

Flickr: http://www.flickr.com/photos/culturgal

Facebook: http://www.facebook.com/cultur.gal

Twitter: http://twitter.com/culturgal

Vimeo: http://vimeo.com/culturgal

Escribir un comentario