“Nunha época complicada, cos problemas que todos e todas coñecemos e compartimos, conseguimos artellar entre todos unha feira con máis de 130 actividades de todas as disciplinas e para todos os públicos. Nos próximos tres días, 75 entidades expositoras amosaránlle ao público as súas propostas e os preto de 300 profesionais acreditados compartirán experiencias e proxectos”, afirmou Xulio Amigo. “O Culturgal 2011 é froito do esforzo compartido de todo o sector cultural”, engadiu, “un esforzo que permitiu avanzar en varios aspectos cruciais para o futuro do proxecto”. Entre os avances desta cuarta edición, “a máis completa e variada da historia do Culturgal”, Xulio Amigo destacou o esforzo realizado na adaptación do deseño do espazo ferial ás necesidades dos distintos sectoras, na innovación dos formatos de presentación de propostas, buscando os máis dinámicos e atractivos para o público, e na representación sectorial, acadando a presenza da maioría das asociacións profesionais galegas.
Pola súa banda, Juan Carlos Fernández Fasero, director de AGADIC, confirmou o firme respaldo da axencia ao Cultural, pois considera que o apoio ás novas canles de encontro entre empresas e cidadanía é fundamental para o futuro da industria. “O sector cultural sustenta postos de traballo, fai país e ten moito talento, polo que confiamos nel como xerador de emprego”, asegurou Fasero. Tamén salientou a importancia de que os creadores sexan valentes nas súas propostas, “algo que salta á vista no propio Culturgal”.
Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística, afirmou que a cantidade de propostas en galego que se atopan no Culturgal demostran a forza da lingua. Por último o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mostrou a súa alegría porque a cidade se consolide como sede do Culturgal e porque este ano tamén se fagan actividades no casco vello. “O que veñen facer aquí é aumentar o músculo empresarial da cultura galega dun sector económico que ten que confiar na sabia propia”, engadiu.
As autoridades percorreron os distintos espazos da feria nos que se foron atopando cos representantes das asociacións culturais, incluso tiveron a oportunidade de experimentar no stand da TVG locutando un informativo. Finalmente, gozaron co showcase do recén constituído grupo folk Vai, que cun escelente son deron mostra da boa saúde da música tradicional do país.
Movemento dende primeira hora
Aínda que a inauguración oficial foi ás 12h, Culturgal empezou a súa actividade cedo, cara ás 10h, coa conferencia de Ferdinand Richard que abriou o foro profesional e a presentación de exitosos proxectos no TEDx Galicia como Hay Festival, que conxuga a perfección a cultura e o territorio. Case ao mesmo tempo, no cuarto dos nenos, un grupo de nenos e nenas concluiron o mural colectivo que viñeron realizando ao longo da última semana catro centros da comarca e que se poderá ver ao longo de toda a fin de semana na propia Feria. O público escolar tamén participaron nunha representación teatral de Caramuxo Teatro e nun obradoiro de regueifa.
Ao longo da tarde, continuará a completa programación da Feira, con propostas de artes escénicas, música, literatura e programación familiar.
![]()
|
|
|
Consultade o programa completo do sábado, co obradoiro de cociña infantil, a actuación de Combo Dinamo, as presentacións de Crebinsky e Berrogüetto, que contarán coa presenza das dúas bandas, as conversas de salón con Manuel Rivas, José Luis Cuerda e Domingo Villar e moitas cousas máis.
- A Feira conta con 130 actividades de todas as disciplinas e para todos os públicos, 75 entidades expositoras que lle amosarán ao público as súas propostas e preto de 300 profesionais que compartirán experiencias e proxectos
- Este sábado é o día grande da feira, con máis dunha trintena de actividades musicais, litararias, audiovisuais e tecnolóxicas e a gran noite das artes escénicas, que se celebrará a partir das 22h no Teatro Principal
- A Feira das Industrias Culturais celébrase os días 2, 3 e 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O acceso ao recinto é gratuíto.
O programa completo da feira:
pdf:http://culturgal.com/docs/Culturgal2011_Folleto_Feira.pdf
O programa na web:
http://culturgal.com/programa_feira.php
Contacta con nós:
Correo-e: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Web: www.culturgal.com
Flickr: http://www.flickr.com/photos/culturgal
Facebook: http://www.facebook.com/cultur.gal
Twitter: http://twitter.com/culturgal
Vimeo: http://vimeo.com/culturgal



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















