Este concerto é un espectáculo musical con recursos teatrais, de marcado carácter didáctico, que ten como obxectivo primordial achegar a música ao alumnado para que poida emprender un camiño que o leve ao coñecemento das melodías e os instrumentos da música tradicional galega.
"Qué tocamos? Muiñeiras, xotas, alboradas, pasodobres, mazurcas, cantos de cego, de faenas, de Nadal... Con qué tocamos? Con gaita, con tambor, con pandeireta, con zanfona, con acordeón, con pandeiro, con bombo..".
Ademáis de asistir a un concerto de música tradicional galega, os músicos e os actores intentarán atrapar os nenos para espertar neles o interese polo folclore.
Segundo indica o músico Xerardo F. Santomé, membro de Gaiteiros da Xistra, “en calquera sociedade ou colectividade humana resulta imposible concibir a vida sen ter en conta a súa música. Ela asoma coma elemento omnipresente na actividade social, pública e privada”, e de aí a súa relevancia.
Para complementar a actividade, os docentes contarán cunha unidade didáctica á que poden acceder a través de internet, na web www.centrosocialnovacaixagalicia.com/actividadesescolares, e que permite un maior aproveitamento do concerto por parte dos alumnos.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















