hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Mostra bibliográfica de libros de cociña e club de lectura na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

bbteca A Biblioteca Municipal viguesa Xosé Neira Vilas expón unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo relacionado co mundo da cociña, como parte das actividades de "Sopa de letras"; tamén está previsto para o xoves a xuntanza ás 20 horas do club de lectura.

Estas obras estarán a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala. O acceso a estas instalacións, en Martínez Garrido 21, será de balde.

A mostra completarase con dúas actividades, unha para nenos/as o sábado 28 de xaneiro e outra para adultos/as o sábado 25 de febreiro, ambas ás 12,00 horas.

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1º e 3º xoves de cada mes) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dun coordinador. Non é preciso ser un experto lector para participar, o club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outros lectores.

Escribir un comentario