hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello de Tomiño programa unha excursión nocturna ao Monte Tetón para contemplar os petroglifos

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

DSCF1029

Continúan desenvolvéndose con éxito as visitas e roteiros guiados organizados polo Concello de Tomiño co fin de recuperar o seu patrimonio histórico e poñelo en valor tanto entre os propios veciños tomiñeses como entre os visitantes.

Hoxe, día 13 de agosto, realizarase a segunda e última visita nocturna ao ecoparque arqueolóxico do Monte Tetón, donde poderase contemplar unha das maiores concentracións de petróglifos con círculos concéntricos de Europa.

A actividade, organizada pola Concellaría de Turismo, comezará ás 21.30 horas na Praza do Seixo de Tomiño, e consiste nunha explicación introductoria sobre os petroglifos e unha posterior visita noctura con lanternas ao xacemento do Monte Tetón. O arqueólogo Xosé Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos será o encargado de dirixir estas visitas.

Por outra banda, o sábado 14 celebrarase unha excursión guiada en canoa polos arredores da fortaleza militar de Goián.

DSCF1026

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explica a dobre finalidade destas saídas. Por unha parte, a de posibilitar que moitos veciños e veciñas de Tomiño descubran e desfruten do seu propio patrimonio histórico, e por outra, a de aproveitar esta riqueza cultural e convertila nun producto turístico que sirva de atracción para visitantes e turistas”.

Para inscribirse nestas actividades ou obter máis informacións, podese visitar a web do Concello: www.concellotomino.com; chamar ao número de teléfono 986.622.001, ou consultar o blog: http://descubrindoasnosasfortalezas.blogspot.com

 

 

Escribir un comentario