hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O documental "Tralas Luces" inaugura este martes un ciclo de cinema galego no Campus de Pontevedra

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

tralas_luces A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra inaugura este martes 20 de decembro a segunda edición de Master class Audiovisual Galego, Augal, coa proxección do documental "Tralas Luces", actualmente preseleccionado aos Goya na súa categoría.  A peza conta a historia dunha familia de ambulantes que leva o seu espectáculo de coches de choque polas festas do Noroeste, centrada na matriarca da familia. O filme participou a concurso na prestixiosa sección Zabaltegui da pasada edición de Donosti. A produción será presentada na facultade pontevedresa pola súa directora Sandra Sánchez e pola súa produtora Fernanda Del Nido.

O programa da presente edición prolongarase ata maio cunha proxección ó mes das seguintes películas: as documentais igna Rabia, Banaras Me, a ficción Crebinsky, as animacións Arrugas e Gato Encerrado, a obra experimental Cousas de Kulechov e a videocreación Os fabulosos irmáns da luz.

JavaScript no está habilitado!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Augal 2011/2012 é un programa promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia co apoio do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. para que varios directores galegos, acompañados de produtores, guionistas e músicos, presenten as súas películas en sesións de catro horas a toda a comunidade pontevedresa. A inscrición é gratuíta e está aberta ao alumnado e interesados en xeral na material audiovisual.

Escribir un comentario