hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O escritor madrileño, Carlos Taibo, presenta en Pontevedra a súa obra "Nada será como antes", baseada no 15M

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
20110111171819-carlos-taibo1             O ensaísta Carlos Taibo (Madrid, 1956) impartirá este martes 29 de novembro unha conferencia titulada Nada será como antes. O acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, terá lugar ás 20,00 horas, na Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova Pontevedra.  

Sinopse da conferencia

Carlos Taibo, profesor titular de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid, escribiu o libro Nada será como antes, sobre o movemento 15M, onde ofrece unha interpretación do que significou o movemento que viu a luz, en Madrid e noutros lugares, o 15 de maio de 2011. Para iso rebulla, tanto no ensaio como na conferencia, as razóns que explican o éxito dese movemento, as dúas grandes percepcións que coexisten no seu interior, os trazos fundamentais da súa proposta programática, a reacción provocada nas xentes de orde, o eco mediático alcanzado e, en fin, as perspectivas de futuro que se abriron. Escrito desde posicións próximas ás de quen organizaron as manifestacións do 15 de maio, neste texto apréciase o desexo de que o chamado movemento 15-M se convirta no fermento dun amplo proceso de autoxestión e creación de espazos autónomos.

Datos biográficos

Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, onde tamén ten dirixido o programa de estudos rusos do Instituto de Socioloxia das Novas Tecnoloxias. Ten publicado unha ducia de libros en galego-portugués.

Poden mencionarse entre eles O castelo de fogos. Nove ensaios sobre o porvir da Europa do Leste (Novo Século, Íria Flávia, 1991), Europa sen folgos (Sotelo Blanco, Santiago, 1994), A nova desorde internacional (Abrente, Santiago, 1998),  Un novo Terceiro Mundo? (Ludus, A Corunha, 1999), A desintegración de Iugoslávia (Xerais, Vigo, 2000), Império norteamericano e capitalismo global (3c3, Santa Comba, 2003), A guerra santa, e petroleira, de Bush filho (Ateneo, Pontevedra, 2003), Os movementos de resisténcia fronte á globalización capitalista (Xerais, Vigo, 2005), Misérias da globalizaçom capitalista (Abrente, Santiago, 2006), Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional (Xerais, Vigo, 2008), Parecia não pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando Pessoa (AGAL, Ourense, 2010) e Decrescimento, crise, capitalismo (Estaleiro, Santiago, 2010).

É autor tamén dunha vintena de libros em español, a maioria relativos ás transicións na Europa central e oriental contemporánea. Entre eles están La Unión Soviética de Gorbachov (Fundamentos, Madrid, 1989), Las fuerzas armadas en la crisis del sistema soviético (Catarata, Madrid, 1993), Crisis y cambio en la Europa del Este (Alianza, Madrid, 1995), La transición política en la Europa del Este (Centro de Estudios Constitucionales, Madrid, 1996; en colaboración con Carmen González), Las transiciones en la Europa central y oriental (Catarata, Madrid, 1998), La Unión Soviética. El espacio ruso-soviético en el siglo XX (Síntesis, Madrid, 1999), La explosión soviética (Espasa, Madrid, 2000), La desintegración de Yugoslavia (Catarata, Madrid, 2000), Guerra en Kosova. Un estudio sobre la ingeniería del odio (Catarata, Madrid, 2001), El conflicto de Chechenia (Catarata, Madrid, 2005), Rusia en la era de Putin (Catarata, Madrid, 2006) e Historia de la Unión Soviética, 1917-1991 (Alianza, Madrid, 2010).

Nos últimos anos traballou sobre materias máis xerais, como o testemuñan os libros Cien preguntas sobre el nuevo desorden (Suma de letras, Madrid, 2002), Guerra entre barbaries (Suma de letras, Madrid, 2002), ¿Hacia dónde nos lleva Estados Unidos? (B, Barcelona, 2004), No es lo que nos cuentan. Una crítica de la Unión Europea realmente existente (B, Barcelona, 2004), Movimientos de resistencia frente a la globalización capitalista (B, Barcelona, 2005), Rapiña global (Suma de letras, Madrid, 2006), Sobre política, mercado y convivencia (Catarata, Madrid, 2006; en colaboración co escritor José Luis Sampedro), 150 preguntas sobre el nuevo desorden (Catarata, Madrid, 2008),  Neoliberales, neoconservadores, aznarianos. Ensayos sobre el pensamiento de la derecha lenguaraz (Catarata, Madrid, 2008), En defensa del decrecimiento. Sobre capitalismo, crisis y barbarie (Catarata, Madrid, 2009), Su crisis y la nuestra. Un panfleto sobre decrecimiento, tragedias y farsas (Catarata, Madrid, 2010), Libertari@s. Antología de anarquistas y afines para uso de las generaciones jóvenes (Del Lince, Barcelona, 2010), Contra los tertulianos (Catarata, Madrid, 2010), Estado de alarma. Socialismo de casino, izquierda anémica, sindicalismo claudicante (Catarata, Madrid, 2011), El decrecimiento explicado con sencillez (Catarata, Madrid, 2011; con ilustracións de Pepe Medina), Nada será como antes. Sobre el movimiento 15-M (Catarata, Madrid, 2011), El 15-M en sesenta preguntas (Catarata, Madrid, 2011) e Como si no pisase el suelo. Trece ensayos sobre las vidas de Fernando Pessoa (Trotta, Madrid, 2011), ademais dos volumes colectivos Nacionalismo español. Esencias, memoria e instituciones (Catarata, Madrid, 2007), Voces contra la globalización (Crítica, Barcelona, 2008; codirixido con Carlos Estévez) e Decrecimientos. Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana (Catarata, Madrid, 2010).

Escribir un comentario