Cantos na Maré non é un concerto máis: é algo especial, máxico, unha oportunidade para experimentar, descubrir novos valorese construír a nosa identidade común a través da diversidade.
O que empezou sendo un espectáculo musical no 2003 transformouse, co pasodos anos, nun punto de encontro entre as culturas da lusofonía.
Cantos na Maré pretende tecer unha rede que perdure entre os artistas que nos acompañan cada ano. Eles son os verdadeiros artífices deste milagre. De Brasil chega Socorro Lira, unha delicada cantautora da Paraíba que nosabraiou con Cores do Atlántico, unha lectura contemporánea das cantigas deamigo.
De Portugal participa Carlos do Carmo, o señor do fado, un intérprete respectadísimo, sempre en contacto coas novas xeracións e un dos responsábeisda proclamación do fado como Patrimonio da Humanidade. De Cabo Verde vén a novísima Mayra Andrade, un dos nomes máis relevantes dachamada “world music”, que renova a música do seu país explorando as vías menos transitadas e dotándoa dunha rara beleza .E de Galiza Xoán Curiel, cun discurso propio e crítico que nos fala de transformara sociedade desde unha perspectiva musical fresca e optimista.
As entradas xa están esgotadas polo que haberá un cheo total esta noite no Pazo da Cultura.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















