Con esta premisa, Juanma LoDo comisaria unha programación “marxinal” baseada no diálogo e na creación colectiva, que se estenderá o sábado dende as 12h30 ata o peche da Feira. O prato forte será ás 18h a mesa redonda Cultura marxinal en Galicia. CULTURA CON MAIÚSCULAS, que contará coa presenza de Carlos Oroza (poeta); Carlos Vilas Bugallo (artista plástico); Isaac González (Proxecto-ds); Ania González (Culture Workers); Tayone (Amalgama); Daniel López ou Víctor E. Perez (Baleiro); Geeksha (Beka Iglesias) (Olholivre); e Chiu Longina, como moderador.
A programación do Faiado arrancará ás 12h30 cunha sesión de presentación de proxectos aberta a calquera persoa que teña algo que dicir en relación coa cultura que se fai á marxe das industrial culturais e que queira compartir as súas inquedanzas. Baixo o título Queremos coñecerte / verte / ouvirte, presentaranse, entre outros, Filminho (festival transfronterizo), Culture Workers, Baleiro, Tamara de la Fuente (fotógrafa), Proxecto-ds, Amalgama, Ucranian Bride (electrónica experimental e multimedia), Andrés Magan (ilustrador) e Tayone (artista plástico). É unha convocatoria aberta a todo o mundo: se es artista, creador, activista, membro dunha asociación ou público habitual de propostas á marxe da industria, podes achegarte ao Faiado e contar o teu proxecto. As intervencións, de entre cinco e dez minutos, serán programadas segundo a orde de chegada e poderán acompañarse de proxeccións audiovisuais achegadas polos propios participantes. Haberá outra sesión de presentación de proxectos ás 16,30 horas.
![]()
Para completar a panorámica de proxectos marxinais, haberá tamén unha presentación de proxectos próximos a Galicia, Máis aló da fronteira, que prestará especial atención ás ropostas que chegan do outro lado dos lindes de Galicia con Asturias, Castela e León e Portugal. Algúns dos proxectos que confirmaron a súa presenza son o Colectivo Trendelenburg (colectivo audiovisual) de Asturias; Henrique Silva, Atelier Gondar, de Portugal; e Francisco Porto, La Lata Muda , de Salamanca. A cita é ás 17h.
Con todas estas propostas irase creando ao longo de todo o día, de xeito colectivo, un Mapa Cultural de Galicia no que se irán localizando persoas ou proxectso que desenvolven as súas actividades culturais á marxe da industria. Para completar o mapa, porase a disposición de todos os participantes no Faiado unha ficha que poderá ser cuberta con datos do proxecto, contacto e unha breve descrición da actividade. Haberá, ademais, un apartdo a disposición de todas as persoas que a queiran intervir e participar da obra colectiva.
Finalmente, a partir das 20h, celebrarase unha sesión de improvisación aberta a todo tipo de disciplinas artísticas, un Happening colectivo no que poderá participar todas as persoas que queiran. Unha experiencia que busca atopar unha forma de comunicación a partir da arte na súa vertente mais espontánea e efémera.
E para quentar motores...
Aínda que os días grandes son o 2, 3 e 4 de decembro, esta mañá Culturgal comezou xa a quentar o ambiente con varias actividades. Como mostra de participación cidadá, os colexios e institutos da zona colaboran na elaboración dun gran mural, co apoio do grafiteiro Isaac Sucasas, que irán construíndo de forma colaborativa desde esta mesma mañá ata o xoves, para despois expoñelo a primeira hora do venres, como forma de apertura da feira. As escritoras pontevedresas, Elvira Riveiro e Fina Casalderrey, apoiarán a iniciativa facendo dous roteiros literarios pola cidade, o xoves e o venres. Nestes roteiros percorrerán puntos clave da cidade, relacionándoos coas súas novelas e facendo máis vivencial as súas historias en compañía de mozos e mozas dos colexios e institutos.
O xoves pola noite, na Sala Karma, xa empezan a bulir as propostas do Off Culturgal. Once creadores presentarán os seus proxectos a partir das 22h, pero de forma concisa e visual, en formato PechaKucha, facendo do dinamismo e a participación o valor máis importante. Entre os presentes estarán o proxecto gastronómico Abastos 2.0, Asociación Cultural Sen Marco ou Adriana Filgueira e os seus mobles de cartón.
Todo o programa
O programa completo da feira, en pdf: http://culturgal.com/docs/Culturgal2011_Folleto_Feira.pdf
O programa na web:
http://culturgal.com/programa_feira.php
Contacta con nós:
Correo-e: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Web: www.culturgal.com
Flickr: http://www.flickr.com/photos/culturgal
Facebook: http://www.facebook.com/cultur.gal
Twitter: http://twitter.com/culturgal
Vimeo: http://vimeo.com/culturgal



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















