Master Classes Augal 2012 é unha iniciativa promovida en colaboración co Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade e coordinado polos profesores Anna Amorós e Miguel Anxo Fernández, cos profesores Jorge Lens e Carlos Soutelo. Ésta acolle a voluntade do Consorcio Audiovisual de Galicia de contribuir á difusión do audiovisual propio. Para máis información sobre a asistencia pode contactar con: Reyes Abad · Técnica de Formación (formacion@
Sinopse
As choivas torrenciais provocan a crecida do río, que asolaga un pobo. A corrente arrastra aos
irmáns Crebinsky e a súa vaca, que aparecen milagrosamente vivos nun lugar da costa. Crecen alí,
ao pé dun faro, a base de sobrevivir recollendo cousas que trae o mar, as crebas.
Illados dos acontecementos bélicos que lles rodean, crean o seu propio mundo: Un universo
particular de realismo fantasioso. O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka, vese alterado cando esta desaparece. É entón cando os irmáns inician unha procura desesperada que os levará da costa cara ao interior. Unha road movie auténtica, unha viaxe interior de encontros inesperados, sentimentos ocultos e recordos borrados.
Entre outros: catro premios Mestre Mateo (música, maquillaxe, fotografía e actor principal), dous
premios no Festival de Málaga (mellor guión novel e premio Signis), tres premios no de Toulouse
(mellor película, música e actor), tres premios en Oaxaca, México (mellor película, música e actor).
ENRIQUE OTERO
Director
Actor, realizador, músico e director. Comeza no audiovisual nos 90 coa realización de
publicidade e de curtametraxes en vídeo. A fins desta década dirixe un documental, para
en 2000 traballar como video-asistente nunha longametraxe e seguir a dirixir curtas. Un
ano despois realiza o video musical Mundo Increible da formación “Kozmic Muffin”. Desde
o 2002 dirixe diferentes curtametraxes e traballa para a TVG e TVE en programas de
produción propia e series de ficción, como músico e como realizador. En 2004 sonoriza a
curta de animación Minotauromaquia.
Premios e recoñecementos: Os Crebinsky gañou en 2002 o primeiro premio no VII
Festival de curtametraxes La Fila de Valladolid. A curta Parole foi finalista do Festival
Notodofilmfest en 2003. Por Crebinsky levou con Miguel de Lira o premio Alma ao mellor
guionista novel no marco do Festival de Cine de Málaga (2011), entre outros moitos.
Ficha técnica
Director: Enrique Otero
Producida por: Control Z, Chevere vision, Zircozine
Produtores: Enrique Otero, Miguel de Lira, Adrián Pino, Luís Tosar, Patricia de Lorenzo, Xacobe Sineiro,
Xesús Ron, Farruco Castromán
Produtores Executivos: Enrique Otero, Miguel de Lira, Farruco
Castromán
Directores de Produción: Pilar Pérez Solano, Sergio Gil
Guión: Enrique Otero, Miguel de Lira
Director de Fotografía: Sergio Franco
BSO: Pablo Pérez



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















