Así, dende a ilusión ou o medo, as cidades resultan indefinibles. Do mesmo lugar hai unha visión diúrna e outra nocturna. Unha optimista e outra pesimista. Unha cara árida e outra amable. Un punto de encontro e moitos de desencontro. Desta idea xorde esta proposta, un traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica.
As cidades son topografías da memoria e o sentimento, e tanto a cidade como a fotografía están en continua evolución e definición, por iso estas palabras e imaxes non tratan de documentar as vilas senón de buscar unha nova linguaxe, de reinventar a visión das cidades.
A partir das palabras dos escritores e escritoras que naceron, viven ou senten as vilas, e dende a experiencia cultural e vital, as fotografías son coma un mergullo nos lugares. Neles a imaxe e a sombra chegan a fundirse coa cidade, para facer un exercicio de reflexión sobre os espazos de dentro-fóra, día-noite, observador-actor, tentando recrear o labirinto da cidade, onde fotografía e poesía, nun camińo que transcorre en vías paralelas, buscan a súa propia expresión, a expresión da procura do noso imaxinario.
Esquelas / Defunciones
Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















