hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Pazo da Cultura acolle este sábado o espectáculo de danza “Seis de catro”

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

Foto_Adrian_Arias O Pazo da Cultura acolle este sábado, 10 de decembro o espectáculo de danza “Seis de catro”, incluído dentro da programación da Concellaría de Cultura para o último trimestre do ano. Comezará ás 21.00 horas.

 

“Seis de catro” é un espectáculo no que seis artistas de catro compañías: Sólodos, La Macana, Pisando Ovos e Quique Peón Cia, asócianse para crear un espectáculo que rompa fronteiras, e así poder compartir e intercambiar o seu traballo creativo tanto entre eles como co público.  

Planos de realidade e fantasía, momentos cotiáns combinados cun mundo irreal, que nos conduce por camiños inesperados. Os feitos son reais pero teñen unha connotación fantástica, xa que algúns ou non teñen explicación, ou son moi improbábeis que ocorran. A verdade non parece verdade simplemente porque o sexa, senón pola forma na que se diga.        

Afiche_Espana_WEB

Escribir un comentario