Máis de corenta bailaríns do Ballet Estatal Ruso de Rostov interpretan a romántica obra O lago dos cisnes, composta por Tchaikovsky e considerada unha das grandes pezas do ballet clásico universal. O ballet máis popular de toda a historia estreouse en 1877 en Moscova, e foi no seu día un rotundo fracaso.
O éxito non lle chegaría ata 1895, cando se representou unha nova versión, asinada por Marius Petisa e Lev Ivanov, no Teatro Mariinsky de San Petersburgo, dous anos despois do falecemento do seu autor, alcanzando o éxito universal que a converteu nun clásico que seduce a calquera xeración.Esquelas / Defunciones
Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















