hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Pazo da Cultura de Pontevedra ríndese á maxia do fado e á lusofonía no festival Cantos na Maré

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

DSC_0635 "O incrível é estar a falar a minha lingua e saber que todos estades a perceber todo", recoñecía a guapísima cantante caboverdiana Mayra Andrade no festival Cantos na Maré, que este sábado volveu a esgotar as entradas no Pazo da Cultura de Pontevedra coa participación dos mellores representantes mundiais da lusofonía. 

Nesta novena edición os invitados foron: Socorro Lira, de Brasil, unha delicada cantautora da Paraíba que nos abraiou con Cores do Atlántico; De Portugal participou Carlos do Carmo, o señor do fado, un intérprete respectadísimo, e un dos responsábeis da proclamación do fado como Patrimonio da Humanidade. A espontaneidade e a empatía de Carlos do Carmo co público do Pazo da Cultura deixou alguns dos mellores momentos da noite con cancións a dúo cos asistentes como "Lisboa, menina e moça".  De Cabo Verde estivo a novísima Mayra Andrade, que simplemente emocionou co seu discurso sincero e brillante. E de Galiza Xoán Curiel, cun discurso propio e crítico que nos fala de transformara sociedade desde unha perspectiva musical fresca e optimista. Xunto a eles estivo a cantante, Uxía, responsable da organización -xunto a Nordesía Produccións- do festival Cantos na Maré e que unha vez máis volveu a deleitarnos coa súa fermosa voz. 

DSC_0604 DSC_0668
DSC_0626 DSC_0597

En definitiva, Cantos na Maré constrúe unha ponte musical sólida efirme no ámbito da lusofonía, unha fusión de culturas e ritmos co eixo conectorda lingua galego-portuguesa. Cantos na Maré non é un concerto máis: é algo especial, máxico, unha oportunidade para experimentar, descubrir novos valorese construír a nosa identidade común a través da diversidade.

JavaScript no está habilitado!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

O que empezou sendo un espectáculo musical no 2003 transformouse, co paso dos anos, nun punto de encontro entre as culturas da lusofonía. Cantos na Maré pretende tecer unha rede que perdure entre os artistas que nos acompañan cada ano. 

DSC_0662  

DSC_0610 DSC_0603

DSC_0703

Reportaje: Daniel Gálvez Argibay

Comentarios  

 
0 #1 Mari 15-01-2012 16:51
Fantastico reportaje. gracias por informarnos de todos los actos culturales de Pontevedra.
Citar | Reportar al moderador
 

Escribir un comentario