A exposición 'Un mar de mulleres', no Punto Xove de Vigo, é un proxecto de divulgación que tenta trasladar a situación da muller no ámbito laboral do mar nas costas da Ría de Aldán, Ría de Vigo e Baixo Miño, e que se pode ver ata o 23 de decembro do 2011.
O mundo do mar foi sempre un ámbito de homes de mans salgadas, fortes e capaces de sacar adiante unha flota enteira dende as regalas ata as mesas dos postos directivos. Sempre foi así e aínda é así. A muller, capaz de sacar adiante a familia e a casa enteira, atender as leiras, vender o peixe e levar as contas, contra vento e marea, tiña vetada a cuberta por non se sabe que estrañas supersticións.Este proxecto quere dar a coñecer os diversos oficios que elas realizan a pé de mar, dende as cubertas das embarcacións e as rochas percebeiras, ata a unión nas asociacións e os despachos dirixentes, dalgunha maneira, visualizar que cada día avanza nas nosas costas un Mar de Mulleres que impulsa a pervivencia e continuidade do sector produtivo mariño"



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















