O Verbum programa para os domingos do mes de xaneiro un obradoiro de iniciación á poesía para público de entre 5 e 8 anos. O obradoiro de carácter gratuito celebrarase en horario de 12.00 a 13.00 e os asistentes poderán facer lecturas de poemas da autora do obradoiro, Alicia Fernández, pero ademais gozarán con poemas infantís de diferentes autores como Manuel María a Elvira Riveiro.
Para facer máis amena esta actividade están preparados xogos e métodos para a creación literaria. Así, poderase por exemplo "facer" un poema cambiando só dúas palabras doutro poema base, ou finalizar versos incompletos con palabras que se poderán atopar en caixas de inspiración. Tamén traballase con cancións, que son verdadeira poesía como as creacións de Mamá Cabra ou Pablo Díaz.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















