hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Preto de 200 estudantes de ESO e Bacharelato participan en obradoiros para acceder ao portugués a través do galego

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
nhhhh   A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación Galega da Lingua (AGAL), ofrece aos centros educativos a posibilidade de realizar os obradoiros OPS! O galego a nosa vantaxe.

Os obxectivos fundamentais desta actividade son poñer en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran, e mostrar a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía: de Portugal ao Brasil.

De aquí ao Nadal preto de 300 estudantes de ESO e bacharelato participarán nestes obradoiros; aprenderán, ao longo de dúas horas lectivas, que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que, polo tanto, sabendo falar galego teñen unha clara vantaxe competitiva.

Un dos obradoiros xa se realizou este luns no IES Sánchez Cantón, para 90 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato.

Este xoves comezou no Torrente Ballester para 120 alumnos. e o venres, 2 de decembro, no mesmo instituto entre 10.25 e 12.05 horas; e o martes, 13 de decembro, de 10.25 a 12.05 horas.

Escribir un comentario