Asociación Multiculturas Sinfronteras – Fundada en Pontevedra en 2004, realizou a súa presentación ese mesmo ano, con un Festival Sinfronteras, realizado o 28 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra, no que interviñeron artistas dunha vintena de nacionalidades e comunidades étnicas e culturais de todos os continentes. Firmante da Carta da Terra da ONU, considera a creación artística para ó diálogo intercultural, con proxectos que fomenten a creatividade compartida de persoas de tradicións culturais diferentes e a transversalidade entre disciplinas artísticas. O seu presidente actual é o poeta e músico senegalés Abdoulaye Bilal Traore.
Abdoulaye Bilal Traore e Grupo Deggo – Bilal Traore (1968, Dakar, Senegal), poeta e músico, profesor de literatura en Senegal, agora afincado en Galicia, con especial dedicación á música. Director do grupo de percusión Deggo e presidente da Asociación Multicultural Sinfronteras, escribe seus poemas en francés e agora tamén en español. O grupo de percusión africana Deggo está constituído por músicos de Senegal, Cuba e Brasil. Dende o ano 2000 afincáronse en Galicia, ensaiando a mestura de culturas a través da música, o ritmo e a percusión.
Grupo Deggo - O grupo de percusión africana Deggo está constituído por músicos de Senegal, Cuba e Brasil. Dende o ano 2000 afincáronse en Galicia, ensaiando a mestura de culturas a través da música, o ritmo e os instrumentos de percusión. Integrado por: Bilal (djembe, voz) Ma Mbaye (djembe, tumbadores, voz), Nuria (voz y maracas) Modou (Dum dum e Voz), Joao (djembe y voz), Moussa (Dum dum, animación,voz), Amauri (congas, voz). Tamén, en recitación e música: Amor Herrera, Pauliño Rocha, Ledicia, Dianaris e Alejandro Guanella.
Imagen principal: Bilal Traore



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















