hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

"The Rock Band Show" retorna este sábado a Pontevedra

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

cartel_adri_web O concerto da Banda de Música de Pontevedra terá este sábado un carácter moi especial, por tratarse dunha actuación na que se fusionará a súa sonoridade coa da banda de rock do moi novo compositor pontevedrés Adrián Saavedra. "The Rock Band Show" é o titulo do concerto que se celebra este sábado 17 de decembro ás 20.30h no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo a dirección de Juan Lois Diéguez. É de salientar que a actuación será gravada ao vivo para logo ser editada en DVD/CD.

 

As entradas para o espectacular concerto de Adrián Saavedra Band e BMP teñen un custo de a 5 / 3 € (estudantes, desempregados, xubilados e grupos). As persoas que queiran reservar entradas poden facelo através dos emails da banda ( Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla e Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ) ou no teléfono 605816590, e poderán retiralas no despacho de billetes do Pazo da Cultura desde dúas horas antes do concerto. Quen non teña reservada a entrada, poderá igualmente mercalas no despacho de billetes desde 2 horas antes do concerto (a partires das 18:30h).

Este proxecto nace co firme propósito de unificar dous mundos: o da tradición, representado polas bandas municipais galegas e o da fusión na que se envolve actualmente a música moderna (soul, pop-rock, funk, etc). De realizar un encontro entre dúas culturas musicais, a tradicional e a moderna, moitas veces enfrontadas, a través da unión de dúas formacións ben diferentes: a banda municipal e a banda de música moderna. Nesta iniciativa participan asimesmo músicos de gran renome dentro do panorama musical galego como Carmen Rey, Miguel Cabana, Carlos Calviño, Octavio Vargas e Adrián Saavedra, destacando este ultimo por ser o autor da totalidade de composicións do proxecto.

Escribir un comentario