O Garaxe será, dentro do fogar da cultura galega que é Culgurgal, o cuarto das pantallas e trebellos que forman parte ineludible da nosa vida e da nosa maneira de entender a cultura, o recuncho no que atopar e difundir todo o relacionado coa industria audiovisual, as novas tecnoloxías da información, os novos medios e, en xeral, calquera proxecto baseado na creación e na distribución de contidos culturais. Alí presentará a empresa Wireless Galicia iBeaken, unha novidosa ferramenta de difusión de contidos multimedia a través de dispositivos móbiles, pensados para áreas de actividade como museos, turismo, audiovisual ou centros de interpretación. Tamén no Garaxe, Contact Comunicación amosará Orama, unha aplicación para dispositivos móbiles que basea o seu funcionamento en dous conceptos clave: o xeoposicionamento e todas as posibilidades que ofrece a realidade aumentada. E Own the Way, un portal que naceu con vocación colaborativa, daralles ás persoas que pasen polo Garaxe a fin de semana da Feira a posibilidade de deseñar as súas propias audioguías turísticas, subilas e compartilas co resto dos usuarios dende o seu propio stand, con cursiños prácticos de cómo facelo. Finalmente o Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía de Ferrol (CIS) axudaranos a entender qué aplicación ten a realidade virtual para as empresas culturais.
Ademais, durante os tres días da Feira, Eganet e as súas empresas asociadas amosarán a súa cara máis sociable, explicarando de xeito ameno e áxil as diferenzas entre as TIC e as TI e as súas aplicacións ás necesidades deste mundo. A cita é a partir das 19h, nas Cervexas Tecnolóxicas, onde Wireless, Galebook, Enxenio e Ceo Aberto explicarán os seus proxectos a quen se achegue ata o seu stand. Tamén haberá sorpresas robóticas e celebrarase o 2º campionato aerodinámico de Eganet.
Foro Culturgal
Gran parte da reflexión sobre novas tecnoloxías darase no marco do Foro Culturgal, que se desenvolverá os días 2 e 3 de decembro, en paralelo a propia Feira das Industrias Culturais no Pazo da Cultura de Pontevedra e no que participarán, entre outros, o xornalista e escritor Juan Gómez Jurado, defensor entusiasta da vantaxe que supoñen para os autores as novas canles de distribución. Gómez Jurado dará unha conferencia titulada A piratería non existe. 5 propostas para o crecemento dixital sobre cómo monetizar o esforzo de edición e distribución de contidos a través de novos modelos, experimentando con economías de escala, valorando ao público, e intentando coñecer ao detalle ao novo cidadán dixital para poder achegarse a el coas súas mesmas claves.
No Foro Culturgal tamén haberá tempo para falar das novas estratexias na contorna dixital, a partir de proxectos como Verkami, da man dun dos seus responsables, Joan Sala; Koomic; El Cosmonauta, o primeiro filme que emprega o crowdfunding e licenza Creative Commons; o exitoso caso de branded content que uniu os pasos de Carlos Jean e Ballantines El Plan B; Redenasa.tv e a produción teatral na rede, ou Herzio.com que nos falará das ferramentas para grupos musicais que buscan xerar ingresos a través da web.
Para aterrar no ámbito local, coñeceremos proxectos que empregan soporte dixital para levar contidos creados en Galicia aos usuarios a través de plataformas propias ou de apps para tablets e móbiles, como a plataforma para a venda de libros electrónicos galegos Elibro-galego, da Asociación Galega de Editores; a plataforma dixital de contidos xurdida da colaboración entre Perro Verde Films, Editorial Galaxia e Milrayas, Contoplanet; ou o inminente lanzamento do videoxogo para tablets A enrruga ó poder, da empresa galega Interacción.
Máis alá das conferencias e debates propias dos foros sectoriais convencionais, o Foro Culturgal quere ser un espazo de intercambio real de experiencias, de aprendizaxe e reflexión, pensado para favorecer o establecemento de relacións multisectoriais que poidan desembocar en novos proxectos e colaboracións coparticipados por axentes dos distintos eidos da cultura. Para afrontar este reto, a asociación multisectorial aposta polos formatos máis dinámicos e partipativos.
Aínda que o acceso á Feira é gratuíto, o acceso ao Foro ten un custe de 100 euros. As persoas interesadas en participar deben solicitar a súa praza antes do día 25 de novembro a través deste formulario en Ticketea: http://www.ticketea.com/foro-culturgal-2011
http://culturgal.com/docs/Dossier_Foro.pdf
Máis información sobre Culturgal
A Feira das Industrias Culturais está organizada pola Asociación Culturgal, unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). Culturgal 2011 conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), do Concello de Pontevedra, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Ministerio de Cultura do Goberno de España.
Contacta con nós:
Correo-e: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Web: www.culturgal.com
Flickr: http://www.flickr.com/photos/culturgal
Facebook: http://www.facebook.com/cultur.gal
Twitter: http://twitter.com/culturgal
Vimeo: http://vimeo.com/culturgal



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















