hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Vigo acolle este martes a presentación do libro 'Hacia una nueva política sexual: las mujeres ante la reacción patriarcal'

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

rosacobo Este martes, 29 de novembro ás 19.00 horas, o Centro de Documentación e Recursos Feministas, en Vigo, acolle a presentación do libro "Hacia una nueva política sexual: las mujeres ante la reacción patriarcal" por parte da autora do libro, Rosa Cobo e da escritora Mª Xosé Queizán.

Neste libro, Rosa Cobo explica algúns procesos que alimentan a actual reacción patriarcal contra as mulleres. O novo capitalismo neoliberal, as servidumes provocadas pola reinvención dalgunas tradicións "culturais" e a violencia sexual son os piares fundamentais sobre os que se asenta este intenso rearme ideolóxico masculino.

A conquista de dereitos e as loitas de moitas mulleres de distintas rexións do planeta, dun lado, e a influencia das ideoloxías da igualdade de xénero e dos dereitos humanos, doutro, puxeron en situación de alerta aos patriarcados contemporáneos. E estes sistemas de dominio reaccionaron con evidentes mostras de violencia, dende os feminicidios ata o tráfico de mulleres e nenas para a prostitución.

Escribir un comentario