O Concello de Vigo inaugurou a exposición 'Mulleres ante a guerra', una mostra "dunha crudeza pouco común", pois reflicte a situación das mulleres nos países en conflictos bélicos. Esta iniciativa permanecerá na Casa das Artes, da rúa Policarpo Sanz, ata o vindeiro día 13 de xaneiro.
A Cruz Vermella, en colaboración co Concello, puxeron en marcha esta iniciativa, que poderá ser visitada ata o próximo venres.
O alcalde vigués, Abel Caballero, recomendou a súa visita e agradeceu á entidade o seu "esforzo" na "permanente defensa da igualdade e dos dereitos humanos".
"Son situacións intolerables", apuntou Caballero, e corresponde "levantar a nosa voz" para que esta cuestión estea na axenda política dos responsables a nivel internacional.
Escribir un comentario