hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Vigo xa ten o cartel gañador da Festa da Reconquista 2012, dotado cun premio de 800 euros

Cultura.es

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

recon O Concello de Vigo e o presidente da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, Cándido Pérez, presentaron este martes o cartel gañador do VI concurso do carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo, realizado por Modesto Martínez Vázquez-Prada co título "setembre" e dotado cun premio de 800 euros.

Na presentación tamen se coñeceron os dous carteis que lles corresponderon os accesits de 350 euros cada un e que levan por título "A por eles" de Diago Rodríguez Gómez e "A forza dun pobo" de José David Bastos Abalde.

A festa da Reconquista celébrase no mes de marzo, concretamente a fin de semana mais próxima ao día 28, data na que os vigueses expulsaron da cidade aos franceses, que tentaron de ocupar a cidade olívica. É unha das festas dinamizadoras do Casco Vello e cada ano atrae a miles de visitantes.

Escribir un comentario