hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A feira de artesanía "Ponte Nadal" abre este venres as súas portas na praza do Teucro

De compras por

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

DSC_0003
Este venres comeza a feira de artesanía "Ponte Nadal", xa un clásico na programación navideña de Pontevedra. Un total de 34 expositores compoñen este ano a oferta da feira que organizan conxuntamente o Centro Comercial Zona Monumental (CCUZM) e o Concello de Pontevedra. O evento foi presentado este mércores polos concelleiros de Promoción Económica e Turismo, Carlota Román e o presidente do CCUZM, Miguel Lago.

A feira abre as súas portas este venres, día 16, e permanecerá en funcionamento ata o 5 de xaneiro, coa única excepción das xornadas festivas dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro. O público poderá atopar, baixo a carpa da praza do Teucro, unha ampla oferta que vai dos produtos relacionados co sector do coiro, á prata, pel, cerámica, xoguete, mel, bisutería e todo tipo de artesanía. Os stands estarán ocupados por artesáns da cidade de Pontevedra e a provincia, aínda que hai tamén representación da Coruña, Ourense e Portugal.

Carlota Román destacou que Ponte Nadal recibe máis de 20.000 visitas, o que dá idea do arraigo deste evento. Engadiu que a feira de artesanía, como se coñece popularmente, xera un ambiente positivo de cara as compras. Subliñou que incita ao consumo responsable na medida en que aposta polos produtos de artesanía e vaticinou que o actual contexto de crise económica pode incrementar o seu poder de atracción.

A concelleira tamén puxo o énfase na vertente solidaria da feira, que chega da man da presenza das asociacións “Alba”, “Amencer-Aspace”, a ONG “Solidariedade Internacional” e o Centro Ocupacional Méndez Núñez.

Miguel Lago destacou que o obxectivo desta undécima edición de Ponte Nadal é achegar ao público á Zona Monumental. Destacou que este ano creceu o número de solicitudes para participar, pero, finalmente, o aforo está limitado á capacidade da praza do Teucro, polo que pediu desculpas aos que quedaron fóra.

As novidades deste ano chegan dos oito stands que se presentan por primeira vez e nos que se poden atopar produtos como chocolate, membrillos, produtos textis, xabrón artesanal, velas e obxectos de regalo estraños e sorprendentes.

Comentarios  

 
0 #1 Sonia 16-12-2011 10:30
El presidente de la (CCUZM) es muy responsable y, creo que es buena persona. ¡Felicidades!
Citar | Reportar al moderador
 

Escribir un comentario