hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

'De Boa Man' instala a súa carpa de venda de agasallos en Vigo

De compras por

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

deboa_man A concelleira de Benestar Social do Concello de Vigo, María Méndez, inaugurou a feria 'De Boa Man' que tradicionalmente se instala nestas datas na rúa do Príncipe e que expón e vende obxectos realizados por personas con discapacidade...

Méndez, que fixo un chamento á cidadanía para que apoie esta iniciativa ao mercar os agasallos navideños, dixo que se está a buscar un espazo no que 'De Boa Man' poida expoñer os seus produtos durante todo o ano e ter a oportunidade de vendelos ao público.

A edil explicou que De Boa Man é froito da colaboración entre a Concellería de Benestar Social e diversas entidades sociais que traballan no campo da discapacidade, como Alento, Apamp, Aspanaex, Aspavi, Cogami, Doa, Menela e San Rafael. Asemade, lembrou que na carpa estas entidades venden os produtos que realizan ao longo do ano, polo que darlle continuidade a esta iniciativa “redundaría na integración laboral das persoas con discapacidade”.

deboa_manSegundo a concelleira de Benestar Social, é preciso afondar no obxectivo da integración, polo que felicitou á organización da campaña. No seu chamamento á colaboración dos vigueses e viguesas asegurou que a calidade está presente en todos os artigos de artesanía expostos para a súa venda, dende a cerámica, a madeira ou o coiro, ata os xoguetes, os cadros e a bisutería. “De boa man amosa a capacidade destas persoas para desenvolver un traballo”.

 

Escribir un comentario