hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Máis de 500 establecementos da provincia de Pontevedra participaron na campaña "Merca na Rúa"

De compras por

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

13 Máis de cincocentos establecementos comerciais da provincia de Pontevedra participaron nos últimos dous meses na campaña de dinamización comercial Merca na Rúa, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa, que se encadra na aposta de Economía e Industria polo apoio e o impulso á modernización do comercio de proximidade, desenvolveuse nesta edición nos concellos de Cuntis, Ribadumia, Soutomaior, Nigrán e Vilagarcía, onde se sortearon un total de 15.000 euros en vales de compra entre as preto de 55.000 papeletas repartidas.

Para a directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, o éxito de Merca na rúa non reside só na importante participación e boa acollida tanto do público como do sector comercial. Castro sinala que “con Merca na rúa non só se incentiva o consumo no pequeno comercio, senón que se lle dá difusión ao seu valor entre a cidadanía” e recorda que “as tendas de proximidade son un dos eixos de vertebración das vilas galegas, contribuíndo tamén á fortaleza do tecido empresarial e dando traballo a un importante número de persoas”.

Merca na rúa, que botou a andar no ano 2009, chegou xa nestas tres edicións a vinte concellos da provincia de Pontevedra. O programa ponse en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio de Pontevedra, que é financiada por Economía e Industria a través dun programa de colaboración coa Deputación provincial, e que forma parte da Rede de Dinamización Comercial de Galicia, Re-Dic. Esta rede conta con 52 puntos de información en toda Galicia, 22 deles en Pontevedra, e foi creada, xunto con iniciativas como a creación do Portal do Comerciante ou as Mesas Locais de Comercio,  para abrir canles de comunicación directas e eficaces entre os comerciantes e a Administración.

 

Escribir un comentario