A concelleira de Medio Ambiente Natural do Concello de Pontevedra, Celia Alonso, entregou no Mercado de Abastos un lote de 120.000 bolsas de plástico, tratadas bioquímicamente para garantir a súa degradación en condicións atmosféricas de luz e/ou calor. Os alumnos do módulo de Dinamización Comercial do Obradoiro de Emprego Monte Porreiro II colaboraron no acto.
As bolsas conteñen un aditivo químico prodegradante que acelera o proceso de descomposición, co que o material vaise rachando progresivamente ata desaparecer completamente.
O material garante una resistencia similar á das bolsas de plástico convencionais, garantía de desaparición visual de seren abandonadas á intemperie e, por tanto, redución case total do impacto ambiental.
As bolsas levan estampado a cor verde un logotipo que evoca o propio mercado cunhas follas arbóreas e a lenda “O natural é comprar no mercado local”, xunto cos logotipos do Concello, a Concellaría de Medio Ambiente, a Consellería de Traballo e Benestar, o Fondo Social Europeo, o Obradoiro de Emprego Monte Porreiro II e o Mercado de Pontevedra.
Celia Alonso confía en que este produto se converta nun novo símbolo da Praza de Pontevedra na súa progresiva aposta pola calidade.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















